CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais e Os Parrandas, entre os participantes na V Foliada e Cantos de Taberna da Festa do Botelo

Seis agrupacións amenizarán a xornada do sábado 18 de xaneiro polas rúas e bares da localidade

As Macizas Centrais. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A música segue sendo un dos ingredientes da Festa do Botelo, por iso para esta XX edición que se celebrará o sábado 18 de xaneiro tampouco faltarán os cantos de taberna.

Os Parrandas (O Barco), Foliada de Bosende (Lugo), Os Corenta e Chinco Boys  (A Pobra do Brollón), Macizas Centrais (Trives), Os Somontanos (A Pobra do Brollón) e Os Palletas, son as agrupacións que amanizarán este ano a V Foliada e Cantos de Taberna. Serán os encargados do pasarrúas dende o Teatro Lauro Olmo despois do pregón (13:30h.) ata o pavillón de Calabagueiros onde terá lugar o xantar.

Algúns grupos como as Macizas Centrais tamén tocarán e cantarán durante o xantar, e xa pola tarde entre as 19 e as 23h. tocarán por algúns bares da localidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button