CulturaCulturaÚltima hora

As máscaras de 8 Entroidos ourensáns visitan o Concello do Barco

 

Algunhas das figuras máis representantivas de ata 8 Entroidos da provincia de Ourense (Manzaneda, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Buxán e Celavente-O Bolo, Sande- Cartelle e A Rúa Vella e Riós) visitaban este mediodía o Concello do Barco. Estas máscaras participaban nunha actividade no IES Lauro Olmo da vila e, despois, achegábanse ata a Casa Consistorial onde eran recibidos polo alcalde, Alfredo García, e polo tenente de alcalde, Aurentino Alonso.

Acudían andando dende o instituto e despois regresaban vestidos polas rúas da vila.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button