No mediodía deste domingo 14 de xullo, tralo xantar e entrega de agasallos, rematará a Concentración Mototurística Os Esquíos de Trives 2024 que, durante a fin de semana, envolveu a vila co son das motos chegadas dende diferentes partes e que enchían de cor as rúas e prazas.
O programa encetábase o venres coa apertura de inscricións e incluía as tradicionais rutas turísticas pola zona e pola serra, festas, degustacións e moita música. O prato forte chegaba na media noite coa exhibición acrobática de Emilio Zamora e o seu Ducati Stunt Team na rúa San Martín, e o broche musical en directo coa banda Dr. Slump.
Fotos: O SIL