DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

As motos volven ruxir nunha fría edición da Motoxeada, en Fonte da Cova

 

De diferentes lugares procedencia, de toda España, son os moteiros que buscando altitude, neve e bo ambiente, participan cada ano na Motoxeada, o encontro invernal galego por excelencia, con base en Fonte da Cova, en Trevinca (Carballeda de Valdeorras).

 

 

Es ano non foi unha excepción e como en edicións anteriores, os centos de asistentes (200 inscritos pero moitos máis asistían por libre) á xuntanza moteira 2023, organizada pola asociación Motoxeada e o grupo moteiro Balas Rasas en colaboración co Concello, desfrutaron nesta fría fin de semana dun completo programa de actividades que inclúe merendas, ceas, festas moteiras, rutas turísticas e sesións vermú sen esquecer a tradicional e ben acollida, degustación de porco ao espeto.

 

 

O obxectivo do encontro é fomentar turisticamente a comarca de aí as rutas pola contorna que inclúen en cada edición e que conforman un dos pratos fortes do programa. De feito a estrada que vai dende Casaio ata La Cabrera é mooito máis utilizada polos moteiros dende que se celebra a concentración en Fonte da Cova. Unha xuntanza que remata hoxe, domingo 17 de decembro, trala ruta, a sesión vermú e a entrega de agasallos e recordos desta edición.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button