ConcellosÚltima hora

As mulleres do rural, eixo do I Encontro feminista en Viana do Bolo

Este foro, que se celebrará do 28 ao 30 de setembro, incluirá proxeccións, obradoiros, ponencias, exposicións e ata unha feira de comercio de local
Cartel deste encontro.

 

A Asemblea Feminista de Viana do Bolo organizará entre os días 28 e 30 de setembro o I Encontro feminista deste municipio baixo o título “Mulleres do rural. Existen e resisten”. Os actos, que serán moi variados, comezarán o venres 28 coa actuación de Aldaolado ás 20:30h. na Casa da Cultura.

Na xornada do sábado Antía Caramés abordará a economía dos coidados ás 10h. no campo da feira, onde ao longo de todo o día haberá unha feira de comercio local máis un espazo infantil. Despois, nese mesmo lugar terá lugar unha mesa de experiencias emprendedoras ruras ás 11:30h. Dúas horas despois, na Casa da Cultura de Viana proxectarase a obra “Matria” de Álvaro Gago.

Xa durante a tarde ás 17h. poderá asistirse a un obradoiro de autodefensa (no Campo da Feira) e a o estudo Estampa de Serigrafía. A partires das 19h. impartirase un obradoiro de música tradicional galega.

Finalmente, no domingo 30 de setembro está prevista unha visita á casa-museo de Nieves Fernández en Quintela do Pando (con saída en autobús dende a praza Maior ás 12h.), e ás 16h. proxectarase “As silenciadas” de Aurora Marco na Casa da Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button