ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

As Mulleres Rurais de Córgomo (Vilamartín) reúnen a máis de 250 persoas en torno ao magosto

 

Ao ritmo dos Parrandas celebraban en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o tradicional e animado magosto, que superaba as expectativas da organización.

Así, máis de 250 persoas asistían na tarde deste sábado 5 de novembro á cita coas castañas asadas, os bolos preñados, a bica, o viño e sobre todo a festa tradicional. Unha celebración que estivo organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo en colaboración co Concello e varias adegas.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button