EconomíaEconomíaÚltima hora

As novidades do Imposto da Renda sobre as Persoas Físicas do 2023, nunha xornada no Barco

Esta sesión, organizada por AEVA, estaba impartida polo administrador da AET no Barco

 

“Novidades Normativas do IRPF 2023” eran analizadas nunha xornada formativa organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Barco. Tiña lugar a partir das 19h. do 25 de abril no edificio Multiusos e estaba impartida por Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no Barco de Valdeorras. O relator era presentado pola presidenta de AEVA, Araceli Fernández.

 

 

Unha trintena de persoas asistían a esta sesión na que se abordaban as últimas actualizacións normativas relacionadas co Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondentes ao ano 2023.

Esta é a segunda xornada formativa que AEVA organiza no que vai de mes no Barco, tras a realizada sobre a nova facturación electrónica o 8 de abril na Casa Grande de Viloira.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button