EconomíaEconomíaÚltima hora

As novidades normativas do IRPF 2023, nunha xornada organizada por AEVA o 25 de abril no Barco

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organizará o vindeiro 25 de abril unha nova xornada informativa, neste caso adicada ás “Novidades Normativas IRPF 2023”. O evento terá lugar o xoves 25 de abril de 2024, de 19:00 a 21:00 horas, no Salón de Actos do edificio multiusos do Concello do Barco.

A xornada estará dirixida por Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no Barco de Valdeorras, quen presentará as últimas actualizacións normativas relacionadas co Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondentes ao ano 2023.

Entre os temas que se abordarán figuran as modificacións e novidades fiscais máis relevantes que afectan á declaración do IRPF, proporcionando así a oportunidade para manterse ao día coas regulacións tributarias vixentes.

A inscrición é obrigatoria e pódese realizar a través do seguinte formulario: https://forms.gle/VonDLgajQcZrCsiv9 ou visitando a páxina web de AEVA.

“A participación no evento é gratuíta para as empresas asociadas a AEVA. Para as persoas interesadas non asociadas, requírese o pago dunha cota de inscrición desde a páxina web da asociación (https://www.empresariosdevaldeorras.com/noticias/jornada )”, tal e como se sinala dende a asociación que recomenda aos empresarios aproveitar a oportunidade de “manterse informado e actualizado sobre as novidades fiscais máis recentes”.

Artigos relacionados

Back to top button