ConcellosO BarcoÚltima hora

As obras de remodelación do paseo Bienvenido Miguélez, obrigarán a peches puntuais da pasarela peonil entre O Barco e Viloira

 

Xa están en marcha as obras de remodelación do paseo Bienvenido Miguélez, nas que o Concello do Barco investirá preto de 28.000 euros. Uns traballos cuxa execución obrigará a pechar de xeito puntual ao tránsito da pasarela peonil que une os núcleos do Barco e Viloira. “Serán peches curtos, según se vaian desenvolvendo os traballos”, puntualizan dende o ente local.

As obras consisten no rasanteo do actual firme de gravilla que forma o paseo e a colocación de pavimento de adoquín, procurando sempre non alterar o entorno dos xardíns, pero buscando un chan adecuado para o cada vez máis alto tránsito de peóns por este paseo. Tamén se substituirá todo o sistema de recollida de augas pluviais.

 

 

O proxecto prevé asimesmo a rehabilitación do arco da entrada aos xardíns desde a praza Otero Pedrayo, así como os muros que o unen coa Casa Grande de Viloira. “Tanto o arco como o muro atopábanse en malas condicións, e tras tramitar os preceptivos informes coa Xunta, a súa reparación incorporouse ao proxecto. As portas coas que se pecha este arco serán tamén melloradas e aseguradas”, explican dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button