
A través dun comunicado Correos vén de informar que teñen implementado “novas medidas organizativas e protocolos de actuación dacordo coas organizacións sindicais da compañía”.
Correos sinala tamén que “tras a publicación do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a empresa pública traballa para garantir a prestación do Servizo Postal Universal como tene encomendado”.
Neste senso informa de que “só estará operativo o persoal estritamente imprescindible para a prestación do servizo público, único servizo que se desenvolverá”.
Tamén se indica no comunicado que as “oficinas de Correos abrirán de 09:30 a 12:30 horas gardando todos os protocolos ditados polas autoridades sanitarias”. E, en caso “de ser necesario, Correos volverá adaptar a súa operativa en función das circunstancias”.