O rural e as posibilidades de xerar actividade económica nel centraban as xornadas que se desenvolvían a partir das 18h. nas antigas escolas de Larouco. Titulábanse “Oportunidades e novos cultivos” e estaban promovidas pola Asociación Galega de Mulleres Rurais-Agamur (contando co cofinanciamento da Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello de Larouco).
No marco desta sesión dábase a coñecer un proxecto apoiado pola Deputación que pretende “amosar as oportunidades de traballo en determinados sectores e tamén de oportunidades de creación de autoemprego, de novas empresas, de novos cultivos, especialmente no medio rural”, segundo Eugenia Medina, presidenta de Agamur e relatora das xornadas.
Así mesmo, abordábanse as oportunidades dos novos cultivos e “as súas características e rentabilidade, e tamén as opcións que ofrece Agamur para pór en marcha este proxecto, no que se fará unha analise inicial, unha formación específica e unha axuda continua en todo o proceso de posta en marcha dun proxecto ou inclusión laboral dos participantes”, en palabras de Medina.
Fotos cedidas.