CulturaCulturaÚltima horaVídeos

As palilleiras da Asociación Algueirada de Manzaneda expoñen as súas creacións

 

O tintineo dos palillos soaba estaba mañá nunha das rúas de Manzaneda. Coincidindo coa feira mensual na vila, as palilleiras da Asociación Algueira organizaban unha exposición cos seus traballo ao mesmo tempo que facían unha demostración de como se fai esta artesanía tradicional.

“Deste xeito celebramos a fin de curso cada ano. Detrás de cada peza hai moitas horas de traballo, pero penso que as alumnas están moi contentas, fanno moi ben e a idea é retomar esta actividade no mes de setembro”, explica a profesora, Raquel.

 

 

Conta tamén que os seus coñecementos aprendeunos de Teresa Álvarez. “Estou encantanda do que me ensinou e que agora estou transmitindo ás mulleres de Manzaneda, que están todas moi emocionadas con este labor”.

 

 

“Esta é unha artesanía que estaba denostada aquí, non se coñecía, a raíz do 2011 das palilladas de Pontevedra empezamos a arrancar con isto, dando clases en Trives”, comenta Teresa Álvarez, “penso que á artesanía hai que apoiala, especialmente nas pequenas aldeas, hai que cultivala para que non morra. Nós realizanos traballos con liños e lenzos de casa que estaban esquecidos, estase aproveitando todo”, destaca esta palilleira.

Dende a asociación animan á xente á que se sume a estas clases, “tan só hai que facerse socia, o que supón 12 euros ao ano, o demais é todo gratis”, din.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button