CulturaCulturaÚltima hora

As persoas interesadas en levar as Calantornias e os Cabezudos do Cristo poderán anotarse no Concello do Barco

Calantornias e Cabezudos na procesión do Cristo no Barco./ Foto: A.R.

 

As Calantornias e os Cabezudos, figuras tradicionais das Festas do Cristo do Barco, ábrense este ano á participación popular, segundo sinala o Concello. “Moitos veciños, tanto adultos como nenos, teñen mostrado o seu desexo de ter a honra de portar as calantornias e os cabezudos. Por este motivo, e para dar a oportunidade a toda a veciñanza, o Concello do Barco abre un prazo para que as persoas que o desexen se anoten para levar estas figuras durante dous actos nestas festas”.

No primeiro dos actos estarán unicamente as calantornias; será o mércores día 13 de setembro, no acto do pregón que se celebra na Praza Maior, entre as 19,30 e as 22,00 horas. Neste caso contase con prazas para dúas persoas adultas. No segundo, o xoves día 14, dúas calantornias e tres cabezudos participarán na procesión, e estarán logo presentes na misa do día do Cristo.

Neste caso, seleccionarase a dúas persoas adultas e tres nenos, estes últimos de como mínimo 10 anos e unha altura máxima de 150 centímetros aproximadamente. Os interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse tanto no correo electrónico cultura@concellodobarco.org, como de xeito presencial, no terceiro andar do Edificio Multiusos. Deberán aportar os seus datos: nome, apelidos e teléfono de contacto e, no caso dos nenos, idade e autorización paterna para poder levar os cabezudos.

No caso de que haxa máis interesados que prazas, farase un sorteo entre todos os que queiran participar.

Artigos relacionados

Back to top button