Unha trintena de persoas asistían a partir das 16h. deste 11 de xuño á xornada “Ferramentas prácticas da Intelixencia Artificial para autónomos e empresas tradicionais”, que se desenvolvía na Casa Grande de Viloira (O Barco). Era impartida por José María da Torre, director do proxecto do convenio entre o Club do Emprendemento e INCIBE Emprende.
Na sesión, os asistentes descubrían como a intelixencia artificial pode ser unha interesante aliada para empresas e emprendedores, abordando aspectos como o incremento de clientes, simplificación e eficiencia no deseño de estratexias e plans de traballo, aumento do fluxo de clientes en momentos específicos, mellora do márketing de maneira sinxela, redución de custos e aumento da calidade.
Ademais, ofrecíanse recomendacións básicas de ciberseguridade para utilizar estas ferramentas de forma segura en calquera negocio, evitando posibles riscos e protexendo a información empresarial. A xornada enmárcase no convenio asinado entre o Club do Emprendemento e o INCIBE, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.
Fotos: A.R.