En portadaÚltima hora

As previsións de ocupación na Ribeira Sacra para a Semana Santa sitúanse nun 80% de media

Panorámica da Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cos datos que manexa ata o de agora o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, “a ocupación media para a Semana Santa é do 82%. Como é habitual nestas datas, distinguimos dúas franxas de ocupación. Por unha banda, os días previos aos festivos que abranguen do venres 22 ao martes 26 de marzo, e por outra banda, os días centrais que van dende o mércores 27 ao luns 1 de abril (este último festivo en varias CCAA)”, sinalan dende este organismo.

Así para os días previos (22/03-26/03), as previsións son as seguintes:

Hoteis 3 e 4*: 75% (63% en 2023)
Turismo rural: 82% (68% en 2023)
Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 90 % (64 % en 2023)
Resto alox.: 69% (59% en 2023)
TOTAL: 79% (63% en 2023)

Mentres que para os días centrais (27/03-01/04) os datos son os seguintes:

Hoteis 3 e 4*: 78% (87% en 2023)
Turismo rural: 83% (88% en 2023)
Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 95% (91% en 2023)
Resto alox.: 83% (88% en 2023)
TOTAL: 85% (89% en 2023)

Así mesmo, dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra indican que, “ata o de agora, se as previsións se manteñen, a ocupación será dun 6% máis que na Semana Santa 2023” e matizan que a diferenza “máis significativa está na comparativa da ocupación entre os días previos e os centrais que se reduce significativamente. De feito, varios dos aloxamentos que remitiron os seus datos teñen unha ocupación bastante máis elevada de venres a mércores. Destaca neste sentido a previsión de hoteis de 3 e 4 estrelas e a de turismo rural”.

No referente aos días centraisa da Semana Santa, as previsións “mantéñense en niveis semellantes a anos anteriores, a excepción dos hoteis que polo momento rexistran menor ocupación. Insistimos unha vez máis en que o número de prazas increméntase de xeito considerable de ano en ano, polo que o número de hóspedes totais vai a ser superior, probablemente, a calquera Semana Santa anterior. Moitos dos propietarios manifestan que aínda agardan reservas de última hora. Malia iso, teremos que ter moi presente a predición meteorolóxica, que pode condicionar a ocupación das últimas prazas”.

Artigos relacionados

Back to top button