Saboreando unhas deliciosas rosquillas remataban os padexeiros do Fluvial O Barco a regata provincial que se disputaba esta mañá no encoro de San Martiño, na Rúa. Dende hai un tempo a “avoa Paca”, veciña do Barco, elabora rosquiñas para os piragüistas deste club, pero unicamente na regata valdeorresa.
Comezaba preparándoas con ingredientes sen glute para membros da súa familia que compiten co Fluvial Barco, pero agora fainas con glute e sen el para repartilas entre os padexeiros valdeorreses, pero tamén entre os doutros clubs. Así as “rosquiñas da avoa Paca” poñían o broche doce desta nova edición da regata na Rúa.
Foto: Carlos G. Hervella.