Dende ben cediño iniciaban neste martes 5 de xaneiro o seu percorrido polo municipio e Vilariño de Conso os tres Reis Magos de Oriente. Tras saír ás 10h. da vila, visitaban as aldeas para saudar aos máis pequenos, casa por casa.
Pola mañá desprazábanse ata Pradoalbar, Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande, Soutelo e A Veiguiña e, xa de tarde, ata Mormentelos, Castiñeira e Vilariño.
Foto cedida.