Por segundo ano consecutivo o equipo de baloncesto Toyota Antelopes, cuxo adestrador é o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, veñen de facerse co título na final da liga xaponesa de baloncesto feminino. Isto supón un novo fito no xa destacado palmarés deste barquense da familia dos Careca, que inclúe a prata olímpica de Río entre outros títulos internacionais coa selección española de básket feminino.
Así, as Toyota Antelopes facíanse co título da liga nipona nunha intensa e emocionante fin de semana. Onte xogaban os partidos de play off, ao mellor de tres. No primeiro enfrontábase ao Fujitsu Rede Wave, onde se impoñían cun resultado de 74-69), despois de ir perdendo o encontro ata o derradeiro cuarto, no que lle daban a volta ao marcador.
Na xornada deste domingo as cousas fóronlle mellor ao Toyota de Mondelo, xa que sempre foron por diante e, finalmente, conquistaron o título da liga xaponesa feminina.
Na liga regular o club de Lucas Mondelo e Iván Torinos quedaba segundo, aínda que forono mellor club equipo, só perderon dous partidos. Sen embargo, poor mor do Covid non lle sumaron dous puntos por iso quedaron segundos.
Imaxes cedidas.