DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosRúa Valdeorras CFÚltima hora

As valdeorresas Vera e Gisela, de novo convocadas pola selección ourensá de fútbol sala infantil feminina

Na categoría alevín está convocada outra xogadora do Tres Cuñados, a porteira Zeltia López Sandiás

Gisela e Vera./ Foto cedida.

 

Vera Rodríguez González (Pizarras Tres Cuñados) e Gisela Rodrígues Rodríguez (Rúa Valdeorras Futsal) veñen de ser convocadas pola Selección Ourense de fútbol sala infantil feminina. Así, logo dos múltiples entrenos ao longo desta tempada foron seleccionadas para representar a Ourense no Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebrará o vindeiro mércores 6 de decembro no Pavillón Municipal A Raña, en Marín (Pontevedra). Xogarán 3 partidos como fase previa á final, o primeiro (10:30 horas) contra a selección de Santiago, o segundo (13:30 horas) contra a de Vigo e o terceiro (19 horas) contra a de Santiago.

Vera afronta un dobre reto. Despois de ser preseleccionada o ano pasado pola Selección Galega ao terminar como pichichi e máxima goleadora do torneo con 7 tantos e 22 goles na liga con Pizarras Tres Cuñados FS, “acode con moitas ganas de repetir un gran torneo”. Gisela pola súa banda afronta o torneo como “porteira de gran progresión que o ano pasado realizou un excelente papel no torneo”.

Nestes dous últimos e apoiadas polos seus clubs, o Tres Cuñados e Rúa Valdeorras Futsal estas dúas xogadoras representan ao fútbol sala feminino valdeorrés neste campionato.

Na categoría alevín está convocada outra xogadora do Tres Cuñados, a porteira Zeltia López Sandiás que se porá ás ordes da seleccionadora Sara Martínez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button