CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

As voces galegas abren a segunda xornada do SilFest Valdeorras

Luis Fercán e as Fillas de Cassandra eran as primeiras actuacións na xornada deste sábado

 

O escenario D.O. Valdeorras do SilFest 2023 volvía cobrar vida esta tarde a partir das 20:30h. coa actuación do cantautor compostelán Luis Fercán. Despois collían o relevo As Fillas de Cassandra. Este dúo, tamén galego e formado por María Pérez e Sara Faro, presentaba o seu disco “Acrópole”, cunha mirada e sonoridade actual a mitos clásicos como os de Dafne ou Pan, ou a figuras como as de Antígona ou Lisístrata. Non faltaban tampouco versións moi persoais como a que realizaban de “Nega Sombra”.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button