En portadaÚltima hora

As voluntarias da AECC saen á rúa en Valdeorras no Día Mundial contra o Cancro de Mama

 

Tanto no Barco, como na Rúa e Petín ao longo desta mañá haberá mesas informativas da Asociación Española contra o Cancro con motivo da celebración neste 19 de outubro do Día Mundial contra o Cancro de Mama. No caso do Barco, a mesa instalábase ás dez da mañá na praza do Concello e nela, ademais de material informativo da campaña, as voluntarias da asociación en Valdeorras tamén entregaban caraveis e lazos rosas ás persoas que se achegaban por ese punto.

No marco do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense volve reivindicar a importancia de que ‘O Rosa é máis que unha cor’ co obxectivo de devolver a identidade mobilizadora desta cor.

 

 

“Ata o de agora, grazas ao “rosa” conseguíronse grandes avances fronte ao cancro de mama, o tumor máis frecuente en mulleres entre 45 e 65 anos a nivel mundial pero, é necesario contar con máis investigación, detección precoz e apoio para responder á realidade dos pacientes que conviven con esta enfermidade e as súas familias”, indican dende a AECC, de aí que esta campaña faga referencia á
“necesidade de manter ao movemento social no centro, xa que foi un dos motores principais que impulsou grandes avances na investigación e mobilizou á sociedade para concienciar sobre o cancro de mama e aumentar a participación das mulleres no cribado”.

A AECC en Ourense desenvolve tamén diversos actividades noutros puntos da provincia como a cidade de Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Ribadavia. Entre as persoas que se achegaban pola mesa informativa que a AECC instalaba na rúa do Paseo da cidade de Ourense estaba o subdelegado do Goberno na provincia.

Fotos da galería: A.R.

 

Día do Mundial do Cancro de Mama en Ourense./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button