CulturaCulturaÚltima hora

As Xociviga inauguran a exposición “Retratos Documentados” do fotógrafo José Luis Abalo

José Luis Abalo, Francisco Fumega e Valentín García.

A Sala de Exposicións do Auditorio Municipal acolleu hoxe, 31 de xullo, a inauguración da exposición “Retratos documentados” do fotógrafo José Luis Abalo e enmarcada dentro das Xornadas de Cinema e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA). Asemade, tamén se presentou o libro-catálogo da exposición, editado polas Xociviga en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A esta inauguración acudiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o fotógrafo José Luis Abalo e o escritor e crítico cinematográfico Xosé Enrique Acuña, entre outros.

A mostra conta tamén cun libro-catálogo.

Artigos relacionados

Back to top button