ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As xoias do xardín en primavera

Publicidade

 

A piques de rematar o mes de maio, as flores convértense cada día no centro de atención de balcóns, hortas e sobre todo xardíns, coidadas con mimo polos seus propietarios.

Entre a ampla variedade que podemos ver ao longo da comarca de Valdeorras (hortensias, xeranios, petunias, caraveis, rododendros, escobillóns vermellos,… ) destacan as rosas. De todas as variedades e cores posibles, dende as de diferentes tons de rosa ata o vermello, brancas, amarelas, xaspeadas,… algunhas incluso con dous corazóns, que na maioría dos casos desprenden un exquisito recendo.

Xoias do xardín para alegrar a vista e o olfacto.

 

 

 

 

 

 

Fotos: Cedidas/ Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button