CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As Xornadas de Educación e Empresa do IES Lauro Olmo do Barco cumpren 23 anos

Esta semana o alumnado recibía a visita de tres emprendedores e dun exalumno do instituto

 

O IES Lauro Olmo do Barco vén de poñer en marcha a unha nova edición das Xornadas de Educación e Empresa que contan xa con 23 anos de historia.

Esta semana recibían a visir a visita de tres emprendedores: Álvaro Pumares de “Gallos del Norte”, Jorge A. Delgado de “TonySon e a Tenda da Rita” e Sarah Jane de “Artesanía Enxebre Valdeorras”, que contaron a súa experiencia vital e laboral como creadores de empresas.

 

 

Tamén contaron coa presenza de Manuel Parajuá, técnico de televés e do exalumno do instituto barquense Jacobo Moldes, actual xerente de Electricidad Carballal. “Ambos fixeron obradoiros co alumnado do Ciclo Medio de Electricidade”, explican dende o centro, adiantando que as xornadas continuarán na vindeira semana con charlas e obradoiros “ben interesantes para alumnado de Imaxe Persoal, Sanitaria e Administrativo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button