A RúaConcellosÚltima hora

As Xornadas de Folclore gardarán na Rúa 1 minuto de silencio polo repentino falecemento do director do grupo sudafricano

Os grupos participantes nesta edición das Xornadas de Folclore.

 

A organización das XXXVIII Xornadas de Folclore vén de informar do falecemento, esta noite e por causas naturais, do director do grupo Amezabra de Sudáfrica, George Ofilant (53 anos), mentres se encontraba no seu aloxamento no Centro Residencial Docente de Ourense e despois de ter participado na cerimonia inaugural das Xornadas, celebrada onte a tarde no Teatro Principal.

A Deputación de Ourense, co seu presidente á cabeza, Luis Menor, os membros da organización do festival, e os demais grupos participantes procedentes de Arxentina, Bolivia, Ecuador, Tahití e Ucraína, expresan as súas condolencias á familia de George Ofilant, así como aos componentes do grupo sudafricano, uníndose á súa dor por esta irreparable perda.

A agrupación folclórica Amezabra suspende hoxe a actuación que tiña prevista en Bande, mentres que os demais grupos participantes continuarán co programa como homenaxe a un destacado membro do mundo do folclore. Tanto en Bande como na Rúa, onde actuarán ás 22:30 horas os grupos de Bolivia, Tahití e Ucraína, gardarase 1 minuto de silencio en memoria do director.

Pesar na Deputación de Ourense

“É unha moi tráxica noticia neste contexto das Xornadas Internacionais de Folclore”, aseguraba esta mañá o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, ao tempo que transmitía á familia que acompañaba ao director, “o noso máis fondo pesar e dende logo a colaboración absoluta da Institución”, que xa se puxo ao servizo da familia e grupos para darlle soporte legal que necesiten para os diferentes trámites administrativos para a repatriación do falecido que se están a realizar en coordinación coa Embaixada de Sudáfrica en Madrid.

“Lamentamos profundamente o sucedido e transmitimos todo o noso agarimo incondicioanl á familia do grupo sudafricano”, remataba o vicepresidente segundo da Deputación.

Ademais o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, trasladouse a última hora da mañá ao Centro Residencial Docente de Ourense, na Univeridad Laboral, para dar o pésame ao irmán do director do grupo folclórico de Sudáfrica e poñerse ao dispor da familia para colaborar na repatriación dos restos mortais.

Artigos relacionados

Back to top button