CulturaCulturaÚltima hora

Asemblea da Asoc. de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras

O colectivo aprobou adicar un moxón a Ramón García, fundador e membro de honra da asociación
Un momento da asemblea celebrada no Paladium. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento da asemblea celebrada no Paladium. /Foto: Carlos G. Hervella.

Uns 25 socios da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras asistían á asemblea xeral ordinaria celebrada na tarde do 5 de marzo nun dos salóns do complexo hostaleiro Paladium de Vilamartín de Valdeorras.

Entre os puntos da orde do día aprobados por unanimidade, están o moxón que a asociación vai colocar en Fontei adicado a Ramón García, membro de honra da asociación, así como a entrega dunha escultura en forma de frecha a outro dos socios, Teodoro Suárez. Con respecto ás actividades programadas para o 2016, na reunión aprobouse a realización de varias rutas como a do Pote, as Subidas ao Barranco Rubio, San Xulián e Roblido (Memorial Celín), a de Torre Novaes, así como algunhas propostas novas como a visita o 25 de xullo a unha igrexa adicada a Santiago Apóstolo ou unha ruta polas Médulas e Puentes de Domingo Flórez, entre outras actividades.

Asistentes á asemblea. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á asemblea. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na asemblea, a actual directiva, con Asunción Arías ao fronte foi renovada ao non presentarse máis candidaturas, incorporando ao equipo a Elvira Rodríguez Sotelo e Estrella Vedo Rodríguez como vogais.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button