
Na tarde do 20 de agosto o Círculo de Podemos Valdeorras celebraba unha asemblea no edificio multiusos no Barco. Entre as cuestións abordadas estaba a da campaña de recolleita de medicamentos para Gaza. Ademais de valorar o resultado da mesma, que se vén realizando dende primeiros de agosto, acordouse darlle continuidade ata o vindeiro 30 de setembro.
No encontro tamén se trataron cuestións de organización interna como as funcións da comisión de coordinación ou a creación do grupo de traballo sobre organización e as súas funcións.
