ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Asfaval celebra a asemblea anual de socios, no Barco

A presidenta, Amelia Blanco, forma parte da xunta directiva de Fademga

Unhas semanas despois de recibir a nova furgoneta para o transporte de usuarios, Asfaval (Asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Valdeorras) celebraba a asemblea anual á que asistían preto de vinte socios.

Na reunión, celebrada na tarde do 9 de xuño, a presidenta Amelia Blanco informou aos asistentes da necesidade de contratar a un xerente “porque a asociación crece e precisa moita adicación”, un labor que levaron a cabos os membros da directiva durante os últimos anos. Amelia tamén informou da súa elección como membro da xunta directiva de Fademga (Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual o do desenvolvemento) “co cal terei que asistir ás reunións que celebren”, puntualizou.

Ademais destes temas, a orde do día incluía a exposición do exercicio económico e memoria de actividades correspondente ao ano 2015, recoller en acta a adhesión ao GDR Valdeorras, e a información aos socios de temas varios como a convivencia familiar do 3 de xullo no Carballiño; os campamentos de verán do 5 ao 13 de xullo na Coruña; ou a comida de fin de curso, a celebrarse antes do 29 de xullo.

Actualmente, Asfaval conta con tres servizos diferentes: Centro de Día, Centro Ocupacional e Centro Residencial.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button