Coas chuvias destes días esta é a imaxe que presentaba este domingo o río Conso ao seu paso pola vila de Vilariño de Conso. Este municipio víase tamén afectado polos lumes neste verán e froito da escorrentía, gran cantidade de cinsa e de terreo está a baixar mesturado coa auga do río, dándolle este aspecto escuro. As consecuencias de perda de terra fertil e tamén os efectos medioambientais sobre a auga deste río preocupan á veciñanza.
Vídeo e foto cedidas.