CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Así era A Muradella e a súa contorna, na serra lucense do Moncai, hai 5.000 anos

Publicidade
Recreación do asentamento xunto ao cairn da Muradella./ Imaxe: Proxecto A Muradella.

 

Os resultados da intervención arqueolóxica que se realizaba o pasado verán na Muradella, no cumio da Serra do Moncai (no límite entre A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos) confirmaban que se trata dun cairn, un monumentos megalítico dunhas características únicas ata agora en Galicia (realizado entre o 2900 e o 2700 antes de Cristo). Ademais da escavación e datación do sitio da Muradella, a prospección xeomagnética realizada no lugar desvelaba os restos dun poboado do Neolítico.

Agora o equipo, dirixido polo arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid, Rodrigo Paulos Bravo, vén de realizar un vídeo que, de xeito didáctico, explica como era milenios atrás este lugar. Este labor científico non se podería levar a cabo sen o asesoramento e a axuda do descubridor do xacemento, o arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa, Xurxo Ayán, e o apoio das asociacións de veciños “María Castaña” da parroquia de Cereixa e “Fonte dá Freita” da parroquia de Fornelas.

Vídeo: Proxecto A Muradella.

 

Artigos relacionados

Back to top button