Con motivo da celebración do Campionato de España de 10 km ruta no Barco na mañá do 8 de maio, a estrada xeral da vila (dende a avenida de Galicia e Conde Fenosa ata Marcelino Suárez) estará cortada por completo ao tráfico de vehículos, o que inclúe tamén o acceso aos garaxes da veciñanza destas rúas.
Así entre as 9:30h. e as 14h. do domingo, aproximadamente, os vehículos que entren ou saian do Barco terán que seguir unha serie de desvíos alternativos que o Concello plasma neste gráfico.

Ademais nesas mesmas zonas da travesía barquense quedará prohibido aparcar a partir das 14h. do sábado 7 de maio, segundo os carteis informativos colocados pola Policía Local.