SanidadeÚltima hora

Asinado o contrato para a execución dos viais, acceso e servizos para o novo Centro de Saúde da Rúa

Unha empresa der Xinzo de Limia será a encargada das obras

Terreos para o novo Centro de Saúde da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello da Rúa segue dando pasos de cara ao novo Centro de Saúde. O último foi a sinatura do contrato de obras para os viais, acceso, acondicionamento e servizos ao novo ambulatorio, entre o alcalde Álvaro Fernández e o representante da empresa adxudicataria que tiña lugar onte, 15 de febreiro.

Tal como avanza o rexedor, o xoves farán a acta de replanteo e o venres comezarán as obras. “Comezarán valando os terreos e cos traballos previos”, asegura Álvaro, lembrando que coa situación sanitaria, co mal tempo e demais, “pode ser un día arriba ou abaixo pero xa se verá movemento e iso é o importante”. O prazo de execución é de 35 días naturais desde o seguinte á data do acta de replanteo e o presuposto ascende a 98.150 euros.

O acordo para levar a cabo este centro de saúde presentábase hai pouco máis dun ano e nel participaban o Concello, a Deputación de Ourense e a Xunta. A administración local debía encargarse da cesión de terreos (na rúa Arnaveca), unha sinatura que realizaba en setembro de 2020; a Deputación deberá encargarse das infraestruturas, como as vías de acceso, acondicionamento e dotación de servizs, parte que se executará en breve por parte dunha empresa de Xinzo de Limia; e a Xunta de Galicia, da realización das obras do propio edificio.

Artigos relacionados

Back to top button