ConcellosÚltima horaVilamartín

Assia é un dos reclamos musicais das festas de San Xurxo que se celebran esta fin de semana en Vilamartín

O grupo Assia actuará o sábado 22 de abril./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Esta fin de semana Vilamartín de Valdeorras celebrará por todo o alto as súas festas patronais na honra a San Xurxo, cun completo abano de actividades culturais, lúdicas e relixiosas para todos os públicos elaborado pola comisión de festas que formou un grupo de mozos do municipio.

O programa abrirase mañá venres 21 de abril pola tardiña con baile na praza José Luis Núñez a cargo do grupo Fussión con pase de tarde e verbena, sesguida da sesión disco de DJ Isra. O sábado 22 de abril amencerá moi animado cunha clase de zumba que se desenvolverá de 10 a 11 horas, e para as 12 horas está prevista a procesión coa imaxe de San Xurxo seguida da misa solemne. O apartado musical da mañá correrá por conta dos Parrandas de Vilamartín que amenizarán a sesión vermú e tamén os cantos de taberna.

 

Procesión coas imaxes de San Xurxo e a Virxe, en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

E xa pola tarde haberá dúas importantes citas: o partido de solteiros contra casados ás 17horas; e a conferencia organizada en colaboración co IEV que o historiador valdeorrés Isidro García Tato impartirá sobre a figura do Abade José Antonio Ruíz de Padrón prevista para as 18:30h. no Centro Sociocultural Santa Lucía. O baile na xornada do sábado correrá a cargo do grupo Assia que fará bailar a mozos e maiores ao ritmo dos mellores temas de rock. Actuará pola tarde a partir das 21h. e xa de madrugada a partir da 1, pasánsolle o testemuño ao DJ Isra que pinchará ata altas horas.

Así chegaremos ao domingo 23 de abril, día grande das Festas de San Xurxo, patrón de Vilamartín de Valdeorras, cuxa imaxe saíra de novo en procesión polas rúas do pobo ás 13h. Ese día a sesión vermú correrá por conta da charanga Brexit e pola tarde (16:30h.) haberá actividades infantís.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button