
Tras pasar polas denominacións de orixe de Valdeorras e Monterrei, o 20 de xullo os catadores do concurso “Distincións Gallaecia” visitaban o Ribeiro. No espazo Turcastrelo, ubicado no Parque Náutico de Castrelo de Miño, realizaban a cata previa dos citados galardóns, que tamén serve de base para a elaboración da edición 2021 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia.
Os catadores valoraban 126 viños da Denominación de Orixe Ribeiro (entre brancos, tintos e tostados). Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos, que pasarán a á cata final que se celebrará a principios de setembro en Fisterra.
O presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Aurelio Vázquez, aseguraba que os viños brancos desta colleita no Ribeiro “son de altísima calidade, destacando a súa finura, elegancia e tipicidade. É de sinalar tamén que contan cun gran potencial de garda. Os tintos son moi equilibrados e de moita calidade, e neles percíbese a fenomenal evolución de añadas anteriores”.
O panel de cata estaba formado por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e tamén por catadores invitados. En concreto, os profesionais que formaron o panel de cata foron:
- Aurelio Vázquez Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
- Iván Vázquez Enólogo
- Javier Facal Sumiller restaurante O´Sampaio
- José Luis Fernández Comité de Calificación D.O. Ribeiro
- Juan Gómez Asociación de Sumilleres de Zamora
- Luis Paadín Director da Guía de Vinos de Galicia
- Alejandro Paadín Vicepresidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
- Pablo Vidal Comité de Cualificación D.O. Valdeorras
- Pedro Sestayo Profesor Consellería de Educación
- David Ballesteros Comité de cualificación D.O. Rías Baixas
- Santiago Castro Director Técnico C.R.D.O. Toro
- Xabier Barcala Sumiller viñoteca Comoviño
- Xose Carballido Enxeñeiro Agrónomo