DeportesÚltima hora

Ata 5 podios para os atletas triveses no 30 Trofeo Escola A. Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar)

Os atletas da Escola Deportiva de Trives co seu adestrador, Tino Sierra./ Cedida.

 

Comezo de tempada para os atletas das Escolas Deportivas de Trives. Neste 30 de outubro desprazábanse, xunto ao seu adestrador Tino Sierra, ata Pereiro de Aguiar para participar Trofeo 30 Aniversario Escola Atlética Ben Cho Shey.

Os triveses lograban ata tres vitorias e dous segundos postos nesta competición. As marcas e postos de cada un dos atletas son os seguintes:

Antón Prieto en 50m 1°posto marca 8,75. Deva Posada en Pelota (200) 1°puesto marca 16,89. Pablo Lopez en Pelota (200) 1°posto marca 23,37. Aitor García 2°posto en Pelota (300) marca 26,48. Alex Basalo 2°posto en Xavelina marca 22,11.

Ademais: Aroa Posada lonxitude marca 3,20. Ana Basalo 50m marca 9,96. Itziar Cid a500m marca 2,00,06.

“Estou moi contento cos nen@s das escolas do Concello de Trives, sempre con bos resultados e mellorando as súas marcas, tamén quero destacar a itziar Cid por o seu debut en atletismo facendo unha boa marca”, sinala Tino Sierra.

Artigos relacionados

Back to top button