DeportesÚltima hora

A atleta barquense Belén García (Adas) faise coa mínima para o nacional cadete en 60 v

A atleta valdeorresa Belén García./ Foto: Club Adas Proinor.

De maneira moi positiva enceta a tempada a atleta cadete Belén García (Adas Proinor). O pasado 23 de decembro lograba facerse en Lugo coa marca mínima para acudir ao campionato de España cadete en pista cuberta que se desputará o vindeiro mes de marzo. A barquense conseguía esta mínima no 60 valados cunha marca de 9″29 e aínda lle quedaban “forzas para realizar unha excelente marca nos 60 m.l.”, destacan dende o Club Adas.

Por outra banda, en categoría masculina sobresaía tamén o resultado do atleta cadete Luan, que acadaba a mellor marca galega desta categoría na tempada nos valados, cunha crono de 9″69.

Competían tamén Marta Gómez en lonxitude, realizando unha boa marca de 4’65;, mentres que en Vigo Inés Docampo conseguía unha marca de 1’44 no 600, proba na que quedaba segunda a escasas centésimas da primeira clasificada.

Artigos relacionados

Back to top button