Mañá fatídica en Valdeorras. Pouco despois de que os servizos de emerxencia atoparan o corpo sen vida dun veciño do Barco, recibían outro aviso dende Vilamartín, dunha muller que non respondía ao timbre na súa propia casa.
Neste caso era a coidadora a que avisaba ao non poder entrar na vivenda (debía ter a chave metida por dentro) e non recibir resposta ás chamadas. Os primeiros en chegar ao lugar eran os membros do GES Valdeorras que accedían ao interior por unha fiestra do primeiro piso da casa unifamiliar, atopando o corpo sen vida da muller.
Ata o lugar tamén acudía a ambulancia do 061 e os bombeiros do parque comarcal.