Seguen aparecendo niños secundarios de Vespa velutina de gran tamaño no municipio do Barco. Tras o descuberto na área recreativa do Salgueiral do Barco (fronte ao Paseo do Malecón), agora vén de ser localizado outro na zona de Veigamuíños, que xa está marcado para proceder a súa eliminación. Está situado nunha árbore e a gran altura.
A detección e eliminación deste tipo de niños é clave á hora de conter a expansión desta avespa invasora, de aí que se localizan é importante avisar a través do correo 012velutina@xunta.gal. para que se proceda a súa destrución. Dese xeito poderá romperse o ciclo vital do insecto, é dicir, evitar que as raíñas que conteñen poidan ser fecundadas e, tras hibernar, creen novos niños na vindeira primavera.
Fotos: Carlos G. Hervella.