A RúaConcellosÚltima hora

Atopan na súa casa o corpo sen vida dunha veciña de Fontei (A Rúa)

 

Na mañá deste sábado 13 de abril aparecía morta na súa casa unha veciña de Fontei, na Rúa. Non a vían dende hai un par de días e tanto os veciños como os traballadores que lle levaban a comida sospeitaban que algo pasaba polo que avisaban á Policií Local.

Era un dos axentes, xunto aos bombeiros do parque comarcal que abrían a porta, quen atopaba o corpo sen vida da muller.

Artigos relacionados

Back to top button