A RúaConcellosÚltima hora

Atropelan a un ciclista na Rúa

 

Na tarde deste mércores 7 de febreiro producíase un accidente de tráfico na Rúa, no que se vían implicados un coche e unha bicicleta.

O suceso producíase pouco antes das 19:40 horas cando o coche que circulaba pola rúa Circunvalación levaba por diante a unha persoa que ía en bicicleta resultando ferida polo golpe aínda que os sanitarios aseguraban que estaba consciente.

Ata o lugar dos feitos desprazábase unha ambulancia do 061 que trasladaba ao ferido ata o HPV, membros de Protección Civil da Rúa e a Garda Civil de Tráfico.

 

Artigos relacionados

Back to top button