Rozando ás once da mañá deste 11 de xaneiro producíase un atropelo nun dos pasos de peóns céntrica avenida Conde Fenosa do Barco. Como consuencia do mesmo resultaba ferida unha persoa.
Ata o lugar do suceso desprazábase a Policía Local, que procedía a cortar un dos carrís desa rúa ao tráfico para facilitar a intervención dos equipos de emerxencias e manter a seguridade. Tamén acudía de inmediato dúas ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias e a Garda Civil.
O suceso sorprendía aos numerosos viandantes que nese momento circulaban por esta céntrica zona do Barco.