ConcellosO BarcoÚltima hora

Atropelo no centro do Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste luns 18 de setembro producíase un accidente de tráfico no que se vían implicados un coche e un peón. O suceso tiña lugar pasadas as 11:30 horas na céntrica avenida Conde Fenosa do Barco onde unha muller resultaba atropelada nun paso de peóns.

Ata o lugar desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco que regulaba o tráfico, así como unha ambulancia do 061 que trasladaba á persoa ferida ata o Hospital Público Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button