OurenseÚltima hora

Audiencia en Ourense á directiva da Real Federación Española de Hóckey

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, ensalza o nivel do deporte en Ourense subliñando o traballo do Club de Hóckey Barrocás

 

Na mañá deste mércores 7 de abril, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiña un encontro coa xunta directiva da Real Federación Española de Hóckey, encabezada polo seu presidente, Santiago Deó, na que fixo un balance “moi positivo” da actividade deportiva en xeral que se está a desenvolver na provincia destacando “o bo momento que está a atravesar o hóckey provincial tanto a nivel de clubs, como a nivel organizativo tras acoller a cidade de Ourense o Campionato de España de Hóckey Sala e o Campionato de España de Hóckey Herba Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino Sub. 14, cun excelente resultado”, dixo Alén Castro.

O delegado territorial tampouco quixo deixar pasar a ocasión para subliñar o traballo do Club de Hóckey Barrocás, “polo seu labor diario a prol do deporte e do hóckey”. Dende a súa orixe no ano 1990, no barrio ourensán de Barrocás, “este club foi sempre unha referencia de esforzo e superación que, partindo sempre da canteira, levou o nome de Ourense entre a elite dos mellores equipos nacionais desta especialidade deportiva”, conclúe Gabriel Alén.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button