![](https://osil.info/wp-content/uploads/2020/10/ies-cosme-lopez.jpg)
Repuntan os datos de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Rúa. Segundo o listado que vén de facer público a Xunta neste 15 de decembro, o IES Cosme López sobe a 5 positivos, fronte aos 3 que rexistraba no anterior listado emitido pola Xunta de Galicia o sábado 12 de decembro. Ademais o CEIP Manuel Respino rexistra 2 positivos e unha aula pechada.
No referente ao Barco manteñen as mesmas cifras: o IES Martaguisela segue con 1 positivo e o CEIP Julio Gurriarán con 1 positivo.
Deste xeito a comarca de Valdeorras suma nestes momentos nove positivos en centros educativos.
O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 64 e hai 7 aulas pechadas.