Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Aurentino Alonso será o deputado provincial do PSdeG-PSOE por Valdeorras

Resultaba elixido nesta mañá nunha votación realizada no xulgado do Barco

O edil socialista do Barco, Aurentino Alonso, tras ser elixido como deputado provincial.

 

O PSdeG-PSOE vén de finalizar o proceso de elección dos deputados provinciais que formarán o novo Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Coa escolla, por unanimidade, entre os edís electos que tivo lugar na mañá deste luns, convocados para a votación prevista no artigo 206 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), dos deputados da xunta electoral de zona de Ourense, atrasada ata hoxe luns porque o pleno de constitución do Concello de Celanova non se celebrou ata o pasado venres, os e as socialistas formalizan así ás sete persoas que tomarán posesión da acta nun pleno de constitución da corporación que, previsiblemente, terá lugar a comezos da semana próxima.

Os novos deputados e deputadas da xunta electoral de zona de Ourense son Álvaro Vila Araújo (Taboadela, 1965), alcalde de Taboadela; Susana Rodríguez Estévez (Ourense, 1968), concelleira de Amoeiro e Elvira Lama Fernández (Xinzo de Limia, 1963), concelleira en Xinzo de Limia. Na xunta electoral de zona da comarca do Ribeiro o elixido foi o concelleiro de Ribadavia, José Ignacio Gómez Pérez (Ribadavia, 1972). Na xunta electoral de zona de Valdeorras foi escollido, Aurentino Alonso Araújo (Cartelle, 1963), edil no Concello do Barco de Valdeorras.

 

 

O deputado provincial escollido pola xunta electoral de zona de Carballiño será o concelleiro carballinés, Diego Fernández Nogueira (Santiago de Compostela, 1987) e pola xunta electoral de zona da comarca de Verín a nova deputada provincial do PSdeG-PSOE será Marina Vaz Quintanillán (Ourense, 1985), concelleira no municipio de Riós.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button