DeportesSen categorizar

Autonómicos de atletismo na capital de Valdeorras

O Adas convértese no Barco no mellor club galego junior e no terceiro en cadete feminino
Mellor equipo (masculino-femenino) junior.
Mellor equipo (masculino-femenino) junior.

As promesas do atletismo valdeorrés amosaban a súa calidade deportiva nas pistas de Calabagueiros (O Barco) na xornada do 10 de maio. Nelas de-senvolvíanse os campionatos galegos de clubs nas categorías cadete e junior. A cita reunía na vila barquense a máis de 300 atletas de 28 equipos galegos.

Os locais loitaron con forza polos títulos e o seu esforzo tivo o seu reflexo nos podios. Así o Adas convertíase no mellor club junior galego, pola suma dos puntos logrados na categoría masculina e feminina (un total de 124). No caso da masculina foi tamén o segundo mellor equipo, por detrás do Celta, pero na categoría feminina o conxunto valdeorrés quedou sexto, sendo o vencedor o Vila de Cangas.

Xa na competición cadete feminina o club valdeorrés facíase coa terceira posición (con cinco segundos postos nas probas e 6 terceiros), ao quedar por detrás do Lucus Caixa Rural e do Ourense Atletismo, vencedor da proba.

Texto: O Sil/Redacción Fotos: cedidas pola Delegación Valdeorras da Federación Galega de Atletismo

Podio junior masculino.
Podio junior masculino.
Podio cadete feminino do galego.
Podio cadete feminino do galego.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button