Na tarde do 23 de febreiro, Domingo de Entroido, Quiroga acollía un multitudinario e colorido no que participaban máis de 200 persoas, repartidas en dez comparsas chegadas de toda a comarca.
E tralo festivo percorrido ao longo de toda a rúa Real, a xornada de Entroido completábase cun baile de disfraces amenizado pola charanga BB+ e ao remate un chocolate con churros para todas as persoas que se achegaban a gozar da festa.
Con todo, o Entroido non remataba aí xa que o luns día 24, celebrábase unha Festa Infantil na Discoteca Yoya. E o martes, no Centro Social invitación para todos os socios e socias a doces típicos destas festas con sangría e un animado baile de disfraces.
Fotos: Carlos G. Hervella