En portadaÚltima hora

Baixan a 13 os positivos de Covid nos centros escolares de Valdeorras e o IES de Viana mantén 2 casos

O CEIP Virxe do Camiño xa está libre de coronavirus e o IES Martaguisela reabre a aula que tiña pechada

Exterior do IES Martaguisela no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúa o descenso de casos positivos por coronavirus nos centros escolares da comarca de Valdeorras. Así, o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá xa está libre de Covid, sen ningún caso activo e baixan os positivos no CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco que pasa de 3 a 2 casos; e no IES Martaguisela tamén do Barco que pasa de 4 a 3 coa reapertura da aula que tiña pechada.

O resto de centros da comarca manteñen as cifras que a Xunta facía públicas o pasado sábado. No Barco, a E.I. Los Juglares do Barco mantén 4 positivos e 1 aula pechada; e o CPR Divina Pastora do Barco segue con 2 positivos. Ademais o IES Cosme López da Rúa tamén mantén 1 positivo; e o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín tamén segue con 1 positivo.

E xa fóra da comarca valdeorresa, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo mantén 2 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button