En portadaÚltima hora

Baixan a 150 os casos activos de coronavirus en Valdeorras, 10 menos que onte

Carballeda queda libre de Covid-19 e baixan os casos no Barco, na Rúa, na Veiga e no Bolo

Sobradelo, Carballeda de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de descenso na curva de positivos de Covid-19 en Valdeorras. Neste domingo 8 de agosto a comarca rexistra un total de 150 casos activos de Covid, o que supón 10 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Esta baixa é debido á diminución de casos en practicamente todos os concellos. O Barco conta con 95 casos activos, 2 menos que onte; a Rúa hoxe rexistra 34 positivos, 3 menos que onte; A Veiga ten 1 positivo, 2 menos que onte; O Bolo ten 2 positivos, 2 menos que onte; e Carballeda queda libre de coronavirus sen ningún positivo.

No resto de concellos da comarca manteñen as cifras de onte: Larouco ten 5 positivos; Rubiá 5, Vilamartín 7; e Petín 1.

1.312 casos activos na provincia

O descenso de casos activos na provincia de Ourense é tamén pronunciado cun total de 1.312 casos activos, o que supón 208 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button