En portadaSanidadeÚltima hora

Baixan a 7 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 3 menos que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Diminúen os ingresos de pacientes diagnosticados por coronavirus no Hospital de Valdeorras. Así, segundo a última actualización de Sanidade (ás 18h. do 7 de novembro) o centro barquense rexistra 7 ingresos en planta, o que supón 3 menos que onte. Sen embargo, no Hospital de Verín hai un repunte de ingresos ao pasar dos 7 de onte aos 8 deste domingo e o mesmo sucede no Hospital Universitario de Ourense que ten 71 ingresos en planta (4 máis que onte) e 16 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

Continúa o descenso de casos activos na provincia

Seguen baixando os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo segundo a última actualización de Sanidade hai 1.082 casos activos, o que supón 14 menos que onte. Deles, 88 están hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 16 en UCI (1 máis que onte). Tamén se aprecia un lixeiro incremento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 61 (fronte aos 54 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.833, con 5.500 curados e 250 falecidos (na xornada do 7 de novembro non se producía ningún falecemento na área sanitaria ourensá). Polo de agora lévanse realizado 100.295 probas PCR.

10.109 casos activos en Galicia, 167 menos que onte

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.109, o que supón un descenso de 167 con respecto a onte, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade. Deles 1.868 son da área da Coruña, 1.127 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 1.232 da de Pontevedra, 2.503 da área de Vigo, 1.226 da de Santiago, e 1.071 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 89 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 9.537 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 30.662 persoas curadas, rexistrándose 981 falecementos. O número de PCR realizadas é de 746.637.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button